sábado, 24 de diciembre de 2022

PARTICIPACIÓN DO CLUB O CAPOTE NO NACIONAL ABSOLUTO MASCULINO 2022

        Dende o día 15 o 17 de decembro celebrouse o LII Campeonato Nacional Absoluto Masculino nas terras de Benicasim en Castellon. En dito campionato nacional participaron catro membro do Club O Capote (Luís Albeto Tomé, José Antonio Naveira, Pablo Raúl Cámera y Carlos Bermúdez). No devandito campionato déronse cita os mellores pescadores de España (campions autonómicos das suas comunidades, campions do mundo, etc.). O escenario era descoñecido para eles, xa que se celebraba en augas do mediterráneo, e por iso foron adestrar durante tres días no escenario pesqueiro para adaptarse mellor ao escenario, tiveron que modificar artes de pesca para conseguir as capturas desexadas, etc, e poder chegar ao inicio do campionato nas condicións máis óptimas. 

    Despois de tres días de competición os resultados non podían ser mellores, acadaron unha MEDALLA DE PRATA, sendo un logro histórico para Galicia. Pola súa banda, un deportista do Club O Capote (Carlos Bermúdez Barros) quedou segundo clasificado na Alta Competición Nacional, logrando o seu pase directo para participar coa Selección Española no Mundial do 2023 que se celebrará en Italia.




Dende o club queremos felicitar a estes deportistas polos seus logros. Pola súa banda, queremos agradecer á DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA o seu apoio incondicional connosco neste deporte tan practicado na costa da Coruña.







No hay comentarios: