lunes, 31 de octubre de 2022

SurfCasting: Campionato nacional DUOS


E certo que fai tempo que non facemos publicacións no noso blog, pero neste caso non quixemos deixar  pasar o gran resultado obtido pola parella do CPD O Capote no campionato de España de DUOS, celebrado na Manga do mar menor o pasado mes de septembro.


O campionato tivo lugar  do 29/9 o 2/10 e a parella composta por Jose A. Naveira e Francisco Castiñeira, ambos pescadores activos do club O Capote lograron  un 13º posto na clasificación final, de un total de 44 parellas.

Este logro e froito de anos de traballo e dedicación, tanto a nivel individual como a nivel colectivo, sendo moi necesario o apoio externo os clubes de pesca. Dende o Club de pesca Deportiva O Capote temos que dar as grazas a Deputacion Da Coruña polo apoio incondicional con un dos principales clubes de pesca deportiva da cidade.

GRAZAS e parabéns polo semellante resultado. A seguir mellorando que e o que toca agora.

No hay comentarios: