martes, 8 de febrero de 2011

concurso de pesca en Camariñas

CAMARIÑAS
III CAMPIONATO DE PESCA “CABO VILAN”
MODALIDADE MAR-COSTA

PROGRAMA:
8:00 h. Concentración dos participantes e sorteo das zonas de pesca no peirao novo - lonxa Camariñas.
9:30 h. Comezo da competición.
13:30 h. Final da primeira manga.
13:30-15:00 h. Descanso. Comida (Churrascada)
15 h. Comezo da segunda manga.
19h. Fin da competición.
19:30 h. Pesada: na Lonxa de Camariñas
21h: CEA E ENTREGA DE PREMIOS. A ORGANIZACIÓN INDICARÁ O RESTAURANTE
NOTA: AS CAPTURAS SERÁN RECOLLIDAS POLA ORGANIZACIÓN NOS PUNTOS DE ENCONTRO DE 13,30 A 14H A PRIMEIRA MANGA E DE 19 A 19,30H. NA SEGUNDA.
PUNTOS DE ENCONTRO:
1.- PORTELA DE “REIRA”
2.-CEMITERIO DOS INGLESES, OU NO PERCORRIDO DA RÚA QUE BORDEA A ZONA DE PESCA.
NON SERÁN VÁLIDAS AS CAPTURAS ENTREGADAS FORA DO PRAZO FIXADO, NIN AS ENTREGADAS DIRECTAMENTE POLOS DEPORTISTAS NA PESADA.
NA REUNIÓN DE DEPORTISTAS O XURADO DA PODERÁ FIXAR OUTRAS NORMAS OU MODIFICAR ESTAS.
CADA PARTICIPANTES PESCARÁ EN CADA PROBA NUNHA ZONA DISTINTA, SEGUNDO O RESULTADO DO SORTEO.
O FINAL DA COMPETICIÓN, ROGAMOS OS PARTICIPANTES, FAGAN ENTREGA DOS CHALECOS A UNHA PERSOA DA ORGANIZACIÓN.


ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS
E DE PROMOCION TURÍSTICA
DE CAMARIÑAS

CAMARIÑAS . BASES DA III EDICIÓN DO CAMPIONATO DE PESCA “CABO VILÁN”
Para poder participar os pescadores que contarán coa correspondente licenza de pesca e coa licenza federativa, de non contar con ela, esta será facilitada pola organización, a que se lle deben de facilitar os datos persoais unha semana antes da proba, por mor de tramitar o seguro correspondente.

ESCENARIO
O escenario será dende o Monte Pedrosa- A Praia de Trece. Para a saída haberá dous puntos de encontro.; 1.-Portela de Reira; 2.- Cemiterio dos Ingleses. A organización dependendo do número de participantes poderá modificar as zonas de pesca o mesmo dia da competición.
NORMAS DE DESENVOLVEMENTO
As 8:00 horas do 05/3/2010 os participantes estarán na Lonxa de Camariñas para a presentación do programa. O Campionato constara de 2 mangas, que serán de 9:30 da mañán ata 13:30 horas , das 13:30 ás 15:00 horas comida (churrascada). A segunda manga será das 15:00 horas ás 19:00 horas. Levaranse as capturas para lonxa para facer o pesado e determinar a puntuación segundo as bases.
Os participantes non poderán estar na zona de pesca antes do sinal “inicio de proba”. O sinal de “fin de proba” é obrigatorio o cese inmediato da acción de pesca, debendo retirarse a cana cobrando normalmente o aparello.
CONTROIS
A Asociación organizadora disporá dos controis que considere necesarios.
NORMAS DE COMPORTAMENTO
1.-Nas competicións de lance, (en praia) permítese entrar na auga (máxima entrada, á altura aproximada do peito do participante) por un período breve de tempo e sempre dentro dos límites do seu posto e prolongación imaxinaria.
2.- A posición do participante, unha vez efectuado o lance, debe estar na parte seca do borde da auga, desde onde exercitará a acción de cravado e loita coas pezas cravadas.
3.- O lance pode realizarse desde calquera posición dentro do posto de pesca, realizados sempre en dirección e dentro do seu espazo de mar delimitado pola prolongación imaxinaria do seu posto. Quedan prohibidos os lances oblicuos.
4.- Prohíbese, así mesmo, calquera lance realizado por detrás doutro participante contiguo que naquel momento se atopase dentro da auga. Dende as rochas terase en conta unicamente a seguridade dos participantes.
5.- O Xuíz ou os controis poderán corrixir se é o caso a posición ou distancia do mar.

MATERIAL DEPORTIVO
1.- O chumbo será de 60 gr. Mínimo e deberá sempre tocar fondo. CANAS. Autoriza o uso de dúas canas en acción de pesca. As cañas de reserva, sen limitación, poden estar montadas, con ou sen carrete, pero non co aparello ou baixo de liña.
2.- CARRETES. É opcional o tipo de carrete, xa sexa de bobina fixa ou xiratoria. Nas probas de lanzado usarase carrete recuperador.
3.- LIÑAS. Libres tanto en diámetro, como na súa composición.
4.-BAIXOS DE LIÑA. Son libres en dimensión, diámetro e composición. Soamente poderán ir provistos dun máximo de tres amocelos. Permítese : Ter dispostos e provistos de isco cantos baixos de liña considere necesarios. Utilizar, sempre fóra do amocelo, materias atraentes como perlas e plumas coloradas, pezas fluorescentes, etc. Non se permite: Colocar nos baixos de liña, elementos olorosos.
5.-FLOTADORES. Prohíbese o uso de flotadores nas probas de lanzado.
6. CEBOS. Poderán utilizarse toda clase de cebos naturais ou de orixe orgánico autorizados polo Organismo competente en materia de pesca marítima. Queda prohibido o cebado das augas na pesca de lanzado. Se as circunstancias de índole administrativo, limitasen determinados cebos, a organización, previa autorización do Comité, porao en coñecemento dos participantes con anterioridade á data de inscrición.
CAPTURAS
1.- Considéranse válidas: As que superen a medida mínima legal establecida como especies obxecto de pesca para a Competición, obtidas en tempo e forma. A que fose extraída por varios amocelos e aparellos de diferentes participantes, que se lle computará, como captura válida. Ao participante que teña enganchada co seu amocelo a peza pola boca. A peza cravada en “fin de proba” e fora extraída co movemento de recollida, sen tempo extra para traballala.
2.- Non se considerarán válidas: As pezas que teñan máis de un amocelo na boca ou fóra dela de distintos participantes. As que non superen a medida legal establecida. Os peixes manipulados ostensiblemente. A presentación na pesaxe de capturas non válidas, faculta ao Xuíz ou Xuíces da competición para descalificar as pezas e deducir a puntuación que lles correspondería en caso de ser consideradas como válidas.O rematar o campionato , cada participante poderá levar a súas capturas.



CLASIFICACIÓNS
1.- Establécense as seguintes puntuacións para as diferentes capturas : Grupo A: Robaliza, Dourada, Sargo, Choupa e Pargo. Terán CINCO puntos por gramo de peso.
Grupo B: Pintos e Maragotas que superen ou igualen o peso de 1 Kg terán TRES puntos por gramo de peso.
Todos os demais peixes que non se atopen dentro destes grupos ou que non superen o 1 Kg, son da clase B terán UN PUNTO por GRAMO do peso total de capturas válidas.
2.- As clasificacións faranse por zonas (sectores) e por mangas.
3.- Clasificación individual tendo en conta as capturas válidas e o seu peso. En caso de empate: Na clasificación individual por manga: clasificarase antes o que teña computado o menor número de pezas. Se hai igualdade desempatarase pola peza maior; e se continúa a empate asignaráselles o mesmo posto. Na clasificación final individual: Se hai empate na suma de postos das diferentes mangas terase en conta : O participante que obtivese un mellor posto nas mangas.


PRAZO DE INSCRICIÓN: 27.01.11 ATA O 27.02.11.
Nº TELÉFONO: 677351799 – 662488253 - 627298596
Nº FAX: 981736518
CORREO ELÉCTRONICO:asociacionempresarioscamarinas@gmail.com
PAXINAS WEB: www.camarinas.eu o www.diariocamarinan.com
INSCRICIÓN : 50,00 € (inclue licencia federativa, comida e cea). Todo aquel que dispoña da licencia federativa descontaráselle 15€, co cal, a inscripción quedaría en 35€.
INGRESO Nº CTA: 2091-0061-13-3040002859

UNHA VEZ CUBERTA A INSCRICIÓN E FEITA A TRANSFERENCIA BANCARIA PREGASE ENVIEN POR FAX OU EMAIL A INSCRICIÓN E O RECIBO BANCARIO.

PREMIOS
1º 700 €
2º 350 €
3º 150 €
4º 1 CAÑA DE PESCAR EVIA
5º 1 CARRETE

PREMIOS ESPECIAIS
PREMIO A MAIOR CAPTURA: 200€
PREMIO O 1º CLASIFICADO DO CONCELLO DE CAMARIÑAS : 1 EQUIPO COMPLETO DE PESCA.(CARRETE E CANA)

ORGANIZADOR:
ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS E DE PROMOCIÓN TURÍSTICA DE CAMARIÑAS.

PATROCINADORES:
ESTRELLA GALICIA
GRUPO FRAIDA
RECREATIVOS GRIFOMAR
INDUSTRIAS CERDEIMAR
MUEBLES SAMBADE
AUTOS FONDO
RICARDO MAS
KALI
EVIA


COLABORADORES:
FEDERACIÓN GALEGA DE PESCA
CONCELLO DE CAMARIÑAS

No hay comentarios: