MEMORIAL PEPE SAAVEDRA
COLABORA O CLUB SALMO
5-XULLO-2009
PARTICIPANTES POR CLUB SEGUNDO TARXETAS FEDERATIVAS EN VIGOR
BASES:
O sorteo de postos farase o día anterior.
A competición constará de unha soa manga de catro horas de duración.
Cando falten cinco minutos para o fin da proba, farase un sinal que avise aos deportistas, pasados eses cinco minutos farase outro sinal e todos os os peixes que non estean dentro do “rejón” ou claramente fóra da auga non serán válidos.
Os pescadores non poden abandonar o seu posto ata que os controis, efectúen a pesase das capturas.
NESTA COMPETICIÓN Ë OBRIGATORIO O USO DE “REJÓN” OU NASA QUE MANTEÑA OS PEIXES CAPTURADOS VIVOS, ATA A SÚA DEVOLUCIÓN ÁS AUGAS.
A entrada aos postos:
Antes de iniciarse a proba autorízanse lances de proba para medir a profundidade, o anzol estará sen cebo.
Só se autoriza unha cana en acción de pesca cun só anzol, podendo ter outras montadas, sen anzol. As canas terán unha lonxitude máxima de 8 metros e dotadas de carrete.
O lastre (pesos) non pode tocar o fondo; será discrecional e proporcionado ao flotador, que estará pousado na auga.
Cebos e Engados.
Só se permiten os facilitados pola organización que serán os mesmos que se van entregar no próximo campionato de España en Castellón:
· 2 caixas de coreana.
· 1 Kg de sardiña , nunha pequena concentración de salmoira,
· 1 bote de concentración de pasta de sardiña 6 kg.
O presuposto do cebo é de 15 € por pescador que será aboado ese mesmo día ao provedor.
Se algún dos participantes desexa un “rejón” con mango, o prezo é de 15€ . Como se teñen que pedir a fábrica, necesítase que antes do día 25 se comunique a relación a esta Delegación Provincial, o mesmo que o resto de participantes.
Os pescadores virán provistos do material anterior e dun cullerón, pa ou outro utensilio para botar o engado.
A utilización doutro tipo de engado ou cebo será motivo de descualificación. O pescador que non dispoña de “rejón” ou viveiro que manteña vivos os peixes non poderá participar.